Botarei man do lingüista Noam Chomsky para poñer ao descuberto as estratexias de manipulación que utiliza o poder para neutralizar a contestación social. Máis aínda, para facer que os públicos acepten o que, de impoñelo pelo, provocaría un incendio social. Para conseguilo precisan da complicidade dos medios de comunicación. Detectalas, é o mellor dos salvocondutos. Por caso, para destripar as mentiras coas que ese mesmo poder -político, económico...- tenta impoñernos o seu relato da crise -ou das crises- actual. Vexamos.
1. A estratexia da distración. Ningunha máis eficaz para o control social. A técnica máis utilizada é a do diluvio, ou a catarata de informacións insignificantes que prenden facilmente nos públicos, conseguindo desviar a súa atención dos problemas importantes e dos cambios impopulares decidos polas elites políticas e económicas.
2. Crear problemas e despois ofrecer solucións. Para conseguir que a cidadanía acepte determinadas medidas, provocan un problema que ata ese momento non existía, inducindo á xente a pensar e demandar esas medidas como a única resposta e solución posibles. Poñamos por caso: deixar que se intensifique a violencia urbana ata o punto de que sexa a propia cidadanía a que demande leis e políticas de seguridade que doutra mneira nunca terían aceptado. Aceptando asi pasivamente scrificr liberdade por seguridade. Outro exemplo de máxima actualidade: crear unha crise económica para conseguir que aceptemos como un mal necesario o retroceso dos dereitos sociais e o desmantelamento dos servizos públicos.
3. Estratexias de gradualidade. Para facer que a xente acepte unha medida inaceptable, abóndalles con aplicala gradualmente, a contagotas, por anos consecutivos. É desa maneira como conseguir impoñer durante as décadas de 1980 e 1990 condicións socioeconómicas radicalmente novas -o neoliberalismo-: Estdo mínimo, privatizacións, precariedade, flexibilidade, desemprego masivo, salarios indecentes...En definitiva, tólos cmbios que houberan provocado unha revolución se os aplicaran todos dunha vez.
4. Estratexia de diferir. Outra maneira de conseguir que a xente acepte outra decisión impopular é a de presentala como doorosa e necesaria, creando asi un estdo de opinión que lles asegura non teren contestación na súa aplicación futura. É máis fácil aceptar un sacrificio futuro ca un sacrificio inmediato. Saben, ademais, que a xente sempre ten a tendencia a esperar, inxenuamente, que mañá sempre irá mellor todo. O que tentan é conseguir é drlle máis tempo ao público para acostumbralo pouco a pouco á idea de cmbio que queren vender, aceptándoo con resignación cando chegue o momento.
5. Reforzar a autoculpabilidade.Facerlles crer aos cidadáns qque solamente eles son os culpables pola súa propia desgraza, por non seren suficientemente intelixentes, por mor da súa propia incapacidade, por non terse esforzado o necesario. Asi, en vez de rebelarse contra o sistema económico, os indivíduos autodesvalídanse e culpabilízanse, o que xera neles un estado depresivo, un de cuxos efectos é a inhibición da súa acción. E sen acción, non hai revolución! Eiso empeño que tiveron en facernos crer que todos viviamos por riba das nosas posibilidades...
No hay comentarios:
Publicar un comentario